Ser socio/a de Som Energia

Facerse socio/a

Pode ser socio/a da cooperativa calquera persoa particular, cooperativa, empresa, asociación, fundación, comunidade de veciños, concello... O único que se debe facer para ser socio/a de Som Enerxía, é reencher o formulario da páxina web,  Faite socio/a

Para ser socio/a tes que facer unha achega ao capital social de 100 €, que se retornan no caso de que calquera día queiras darte de baixa. Este pago faise a través do mesmo formulario da páxina web


Contratar luz 100% renovábel con Som Energia

Unha vez xa es socio/a tes dereito a todos os contratos de luz que queiras ao teu nome (como titular ou pagador) e ata 5 contratos a nome doutras persoas.

Para engadir un contrato de luz ao teu nome só tes que encher o formulario  Contrata a luz. Para iso precisarás unha factura recente do punto de subministración e os teus datos bancarios.

Podes consultar os nosos prezos no  apartado de tarifas da nosa web.

Na actualidade ofrecemos servizo a todo o territorio do estado español excepto Ceuta e Melilla.

Se queres que un amigo ou familiar contrate a luz con Som Energia a través de ti consulta este enlace:  Convidar a persoas non socias a contratar a luz con Som Energia

Se actualmente non hai luz no punto de subministración que desexas pasar a Som Energia consulta estoutro enlace:  Como solicitar un novo punto de subministración.


Participar activamente da cooperativa

Tódolos socios/as teñen o dereito a participar coa súa voz e voto da Asemblea Xeral de Socios e Socias que se celebra unha vez ao ano durante o primeiro semestre en diferentes sedes repartidas por todo o estado. A convocatoria facémola chegar a tódalas persoas socias a través do correo electrónico

Si o que queres é participar de xeito máis activo no proxecto da cooperativa podes unirche ao Grupo Local de Som Energia da túa zona ou crear un novo no teu pobo ou cidade

Para máis información sobre os Grupos Locais e os espazos de participación da cooperativa consulta este enlace:  ¡Participa!


Investir na cooperativa

Un dos obxectivos principais da cooperativa é o cambio de modelo enerxético e o impulso das renovábeis para conseguir un novo modelo 100% renovábel e transparente. Por este motivo Som Energia dá a posibilidade aos seus socios e socias a investir e participar no impulso de proxectos de xeración renovábel.

Actualmente, está en marcha o proxecto Generation kWh, un proxecto innovador no ámbito do investimento e o impulso das renovábeis tendo en conta a actual situación de falta de incentivos e incerteza legal. Si ten interese consulte o seguinte web www.generationkwh.org


Riscos de ser socio/a

Som Energia, como calquera outra empresa, podería chegar a entrar en suspensión de pagos. Nesta situación, a orde de pagamento do diñeiro pendente sería: primeiro as débedas coa Administración, logo as débedas cos traballadores / as, despois os créditos, posteriormente os títulos participativos, o capital social voluntario e, finalmente, o capital social obrigatorio (os 100 € iniciais).

Still need help? Contactar Contactar