Que é Som Energia?

Som Energia é unha cooperativa de consumo e produción de enerxía verde sen ánimo de lucro, que ten o obxectivo de reunir a miles de persoas co desexo de mudar o modelo enerxético actual e traballar xuntas para acadar un modelo 100% renovábel.

Un pouco de historia

O 10 de decembro de 2010 constitúese Som Energia, un proxecto de participación cidadá para cambiar o modelo enerxético

Pasados tan só uns meses, durante o ano 2011 iniciouse a actividade de comercialización de electricidade certificada 100% renovábel e a posta en funcionamento dos primeiros proxectos renovábeis de xeración.

  • Se queres coñecer a nosa historia consulta este vínculo.  

Ser socio / socia

Calquera particular, empresa, organización, entidade ou administración pública que comparta os valores de Som Energia, pode unirse á cooperativa.

  • Toda a información sobre que representa ser socio / socia de Som Energia atoparala neste vínculo

Contratar luz 100% renovábel

Xestionamos, mercamos e facturamos a electricidade que usan as persoas que quixeron contratarnos como comercializadora de electricidade 100% renovábel, segundo os certificados de garantía de orixe da Comisión Nacional de Mercados e Competencia (CNMC).

  • Se queres contratar luz 100% renovábel na túa casa ou no teu negocio ou sé, consulta este vínculo

Produción de enerxía renovábel

Producimos enerxía eléctrica en instalacións de xeración a partir de fontes renovábeis (sol, vento, biogás, biomasa, etc.), financiadas con achegas económicas voluntarias dos socios e socias.

  • Para tirar máis información sobre as nosas plantas de produción consulta este vínculo
  • Se queres saber como investir en enerxías renovábeis en Som Energia consulta este artigo

Still need help? Contactar Contactar